Ir o contido principal

USCénica 2022. Festival de artes escénicas

Obradoiro de Waacking

Do 5 ao 7 de xullo

Santiago de Compostela
Sala Luísa Cuesta

USCénica 2022, o festival de artes escénicas que impulsa a USC, estenderase do 20 de xuño ao 9 de xullo cun amplo abano de actuacións musicais e teatrais, así como cun diverso programa formativo.

USCénica Formación
USCénica Formación

O programa formativo do USCcénica 2022 un obradoiro de Waaking da man da compañía de danza coruñesa Elahood, que terá lguardo do 5 ao 7 de xullo na Sala Luísa Cuesta da Residencia do Burgo das Nacións.

O Waacking é un estilo de danza urbana xurdido nos anos 70 na contorna disco LGTBI dos EUA que se caracteriza por movementos rotativos dos brazos a gran velocidade.

Hai catorce prazas dispoñibles que se irán cubrindo por rigorosa orde de inscrición. As persoas interesadas en participar deben dirixirse ao enderezo electrónico uscenica.cursos [at] usc.gal (uscenica[dot]cursos[at]usc[dot]gal), indicando nome e apelidos, teléfono de contacto e o título do curso. O custo desta proposta formativa é de 40 euros para a comunidade universitaria e 80 euros para público xeral.  A matrícula non será efectiva ata o momento do seu pagamento, que deberá realizarse 2 días hábiles antes do inicio do curso. 

Máis información na páxina web de USCénica

ELAHOOD

EIahood é unha compañía galega de danza urbana e creación contemporánea formada por Sabela Domínguez e Julia Laport no ano 2017. A compañía aposta por visibilizar as danzas urbanas como un medio de expresión lexítimo na danza profesional, sosteñen unha visión artística clara e directa, caracterizada pola súa linguaxe visual e musical cunha mirada cara fóra.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.07.2022.