Inauguración o venres 14 de abril ás 12.00 horas

Do 14 de abril ao 30 de xuño, a Facultade de Filoloxía da USC acolle a exposición 'Obras de Capa', da artista plástica Erika Jâmece.
Á inauguración, o día 14 de abril, ás 12.00 horas, asistirán a artista plástica Erika Jâmece, a responsable do Camões – Centro Cultural Português (CCP) de Vigo, Célia Mendes, e a vicedecana da Facultade de Filoloxía da USC, Alejandra Ulla Lorenzo.
Esta iniciativa, organizada pola Revista Descendências, pola Asociación Internacional de Lusodescendientes (AILD), por Camões – CCP en Vigo e pola Facultade de Filoloxía da USC, nace da idea orixinal de representar 12 obras do mesmo artista, máis de 12 meses de edicións, na portada da Revista Descendências.
As portadas que conforman a exposición, que xa estivo exposta en Camões – CCP de Vigo, corresponden ás edicións da revista publicadas en 2021. A mostra poderá ser visitada no segundo andar da Facultade sen necesidade de inscrición e no horario de apertura habitual do centro.