Ir o contido principal

Xornadas

‘Unha ollada sobre a sociedade dixital’

17.02.2020 | 19.00h

Teatro Principal
Santiago

Baixo o lema ‘Unha ollada sobre a sociedade dixital’, a Facultade e o Colexio Oficial de Psicoloxía abordan dende este luns 17, ás 19.00 horas, no Teatro Principal, o vínculo entre adiccións e tecnoloxías. O foro estenderase ata o xoves 20.

As tecnoloxías que rachan coas fendas sociais será o tema nuclear da xornada do martes 18, a cal desenvolverase a partir das 19.30 horas, na sede Afundación. O mércores 19, no mesmo escenario, debaterase sobre se as novas tecnoloxías xeran novas relacións sociais. 

‘O uso das TIC na intervención psicolóxica’ será a conferencia que a Facultade acollerá o xoves 20 co gallo do Día da Psicoloxía Académica. O relatorio correrá a cargo de Cristina Botella, catedrática da Universidade Jaume I. A conferencia desenvolverase a partir das 12.00 horas e está destinada exclusivamente á comunidade universitaria. 
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.02.2020.