14.03.2022 | 13.30h
Compartir diferentes experiencias arredor da endometriose dende unha mirada artística, neste caso a través da fotografía, é a meta que se persegue con esta mostra

Dende este luns 14 de marzo e ata o vindeiro 29 de abril, pode visitarse a mostra 'Olladas á Endometriose' coa que se pretenden compartir diferentes experiencias arredor da endometriose dende unha mirada artística, neste caso a través da fotografía. A Biblioteca Concepción Arenal da USC acolle esta exposición que se inaugura este luns a partir das 13.30 horas e que conta coa presenza da vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo. Deste xeito, a USC súmase á conmemoración do Día Mundial da Endometriose este luns 14.
