Ir o contido principal

Ciclo formativo de internacionalización

'Open Innovation en Johnson and Johnson'

12.01.2022 | 10.00h

En liña

Con Antonio Gómez Sánchez, organizado por BioIncubaTech

Ciclo formativo de internacionalización 'Open Innovation en Johnson and Johnson'
Ciclo formativo de internacionalización 'Open Innovation en Johnson and Johnson'

A Incubadora de Alta Tecnoloxía para o Fomento da Innovación e a Transferencia de Biotecnoloxía no ámbito da saúde e das tecnoloxías alimentarias- BioIncubaTech organiza o mércores 12 de xaneiro unha nova sesión dos Bioalmorzos informativos de internacionalización, un ciclo de encontros con relatoras/es de referencia en ámbitos do sector bio, a saúde e as tecnoloxías alimentarias. 

Baixo o título 'Open Innovation en Johnson and Johnson' esta sesión en liña contará coa presenza de Antonio Gómez Sánchez, químico medicinal de formación con experiencia en IT aplicada á ciencia e a industria farmacéutica e Alliance Manager na compañía Janssen de Johnson & Johnson. 

Dirixido a empresas e persoas interesadas en internacionalización e acceso a novos mercados nestes ámbitos, o encontro arrancará as 10.00 horas co obxectivo de intercambiar experiencias e coñecementos e xerar un debate que poida dar lugar a novos proxectos.  A asistencia é libre previo rexistro no formulario inferior.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.03.2022.