Ir o contido principal

Universidade de Verán 2021

'Oportunidades ambientais da economía circular aplicada ao sector agroalimentario'

Volta a Universidade de Verán tras ser suspendida en 2020, por primeira vez en máis de trinta anos, a causa da pandemia da COVID-19

Horta. Fonte: Pixabay
Horta. Fonte: Pixabay

Este curso da Universidade de Verán ofrece a posibilidade de explorar as oportunidades ambientais na contorna do sector agroalimentario, coñecer as estratexias potenciais aplicables ás cadeas de produción alimentarias que axuden a reducir a produción de residuos e ao mellor aproveitamento das materias primas nunha contorna de desenvolvemento respectuoso co clima, a integración de biorrefinerías no sector agroalimentario, revalorizando os residuos orgánicos en novos bio-produtos con valor engadido e  adquirir coñecemento sobre estratexias para a cuantificación de cargas ambientais no ámbito da economía circular enfocado ao sector agroalimentario.

Podes consultar o programa completo nesta ligazón. A duración desta acticvidade formativa, de 25 horas lectivas, abrangue do 19 ao 23 de xullo.

A USC recoñece a asistencia ao 80% deste curso (como mínimo) con dous créditos ECTS para o seu alumnado de grao.

As prazas están limitadas 45 por mor da situación sanitaria, e a matrícula, cuxo prazo remata o 9 de xullo, conta cunha taxa xeral e outra reducida para estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregado/as, socios da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.05.2021.