Ir o contido principal

Xornada en liña

Oportunidades de traballo na Administración Pública

22.03.2022 | 12.00h-13.30h

En liña

Organizada pola Área de Orientación Laboral da USC en colaboración coa Dirección Xeral de Función Pública do Ministerio de Facenda e Función Pública.

Xornada 'Oportunidades de traballo na Administración Pública'
Xornada 'Oportunidades de traballo na Administración Pública'

A Área de Orientación Laboral da USC organiza o 22 de marzo unha xornada en liña sobre as 'Oportunidades de traballo na Administración Pública', que transcorrerá  das 12.00 ás 13:30 horas.  Esta actividade está dirixida a todo o alumnado interesado, e especialmente orientada ás opcións que persoas tituladas na área CTEM teñen na administración do Estado.

A xornada contará coa intervención de relatoras expertas que explicarán diferentes posibilidades de emprego público, como Sonia Postigo, vogal asesora da Dirección Xeral da Función Pública; María Luisa Castaño, do Ministerio de Ciencia e Innovación; Lucía Serrano, do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo; e Susana Fernández, traballadora do Ministerio de Infraestruturas, Mobilidade e Axenda Urbana. 

Ademais afondarase en todo o que implica a preparación dunha oposición e nas posibilidades de iniciar unha carreira profesional na administración do estado.

Debido a que o número de prazas é limitado, é preciso realizar inscrición previa, a través do seguinte enlace de inscrición. O rexistro é de balde e o prazo estará aberto ata o 20 de marzo. 

Para obter máis información, cómpre contactar coa Área de Orientació Laboral da USC a través do correo-e orientacion.laboral.santiago [at] usc.es (orientacion[dot]laboral[dot]santiago[at]usc[dot]es) ou do teléfono 881.812.850.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.03.2022.