26.08.2020 | 19.30h
Este ciclo conta coa participación da Área de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela

'Organscape Variacións para o Rei-Lúa' contará coa participación de Xoán-Xil López, a cargo da creación sonora e composición, e con Andrés Cea, ao órgano. O evento dará comezo ás 20:30 horas, e ás 19:30 horas empezará a preparación para a escoita.
O aforo estará suxeito ás indicacións de seguridade das autoridades sanitarias.