20.09.2022 | 19.00h-21.00h
Concerto promovido pola Área de Cultura da USC

A poesía de Ovidio inspira o próximo concerto que Área de Cultura da USC programa na Igrexa da Universidade en colaboración coa Xunta de Galicia.
O martes 20 de setembro á partir das 19.00 horas, o director Fernando Reyes conducirá un programa arredor das adaptacións musicais dos versos do poeta romano, con pezas de Claudio Monteverdi, Francesco Cavalli, Marco Da Gagliano, Jean Baptiste Lully e outras de autoría anónima.
O recital contará coas voces da soprano Mercedes Hernández e do barítono Andrew Robinson, e coa interpretación á torba e guitarra barroca de Fernando Reyes.
A entrada é libre ata completar cabida.