Ir o contido principal

Seminario internacional

'Pacto de Estado contra a violencia de xénero: aspectos penais e criminolóxicos da violencia de xénero contra mulleres maiores de 65 anos' I

28.10.2020 | 16.00h

Videoconferencia en Microsoft Teams

Actividade financiada con fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (Ministerio de Igualdade)

Cartel da xornada
Cartel da xornada

O seminario internacional 'Pacto de Estado contra a violencia de xénero: aspectos penais e criminolóxicos da violencia de xénero contra mulleres maiores de 65 anos' terá lugar os días 28 e 30 de outubro ás 16.00 horas. 

A inauguración contará con María do Mar Lorenzo Moledo, vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos. A continuación Pilar Fernández Pérez, da Fiscalía de Santiago de Compostela, exporá o tema 'Unha visión da Fiscalía de Santiago de Compostela sobre a situación da violencia de xénero en mulleres maiores de 65 años'.

A xornada prosegue cunha mesa redonda baixo o título 'Aspectos criminolóxicos', con Mercedes Domínguez Fernández e Rebeca Diéguez Méndez, ambas da USC, a cargo das ponencias '¿Cómo é a violencia de xénero nas mulleres maiores?' e  'Calidade dos partes de lesións en casos de violencia de xénero en mulleres maiores', respectivamente. Para rematar a primeira xornada María Patricia Navas, da USC, exporá a cuestión da 'Psicoloxía criminal e violencia de xénero en maiores de 65 anos. ¿Mal viño en odre vello?'.

Para asistir a este encontro virtual cómpre unha inscrición previa e de balde, enviando un email á dirección de correo electrónico maria.castro.corredoira [at] usc.es (maria[dot]castro[dot]corredoira[at]usc[dot]es).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.10.2020.