Salón Teatro (Rúa Nova, 34)
USCénica 2022, o festival de artes escénicas que impulsa a USC, estenderase do 20 de xuño ao 9 de xullo cun amplo abano de actuacións musicais e teatrais, así como cun diverso programa formativo

A compañía teatral Elas (Asoaciación Ámbar) súmase ao USCénica 2022 con 'As paisaxes de Camille' unha peza escénica contemporánea que explora a contención, a rabia, a delicadeza e a sororidade, atravesando a imaxinaría escultórica e a vida de Camille Claudel con poemas paisaxísticos, coreografías e humor onírico.
A representación terá lugar o martes 28 de xuño ás 20.30 horas no Salón Teatro e as entradas poderán adquirirse no despacho de billetes ese día a partir das 18.30 horas a un prezo de 3 euros.
