03.05.2023 | 10.00h
A Facultade de Ciencias da Comunicación celebra a súa festividade con actividades especiais abertas á cidadanía

Cada 3 de maio conmemórase o Día da Liberdade de Expresión e é nesta xornada cando a Facultade de Ciencias da Comunicación celebra a festividade do centro. Con ese motivo, organizan en 2023 varias actividades abertas á comunidade universitaria.
A partir das 10.00 horas e ata as 14.00 horas, a biblioteca do centro promove 'A palabra sae a rúa' e leva un mostrador especial de préstamo á cafetería do da Facultade e un recuncho de lectura á súa terraza.
Ás 13.30 horas o grupo 'Los Rodríguez', conformado por estudantes de Tratamento do Son e Estilos Musicais, ofrecerá un concerto de acceso libre.