Ir o contido principal

Ciclo 'O galego ten saúde!'

Palestra 1: O estado da saúde mental en Galicia

06.10.2021 | 20.00h

Evento organizado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Medicina e Odontoloxía

Cartel do evento
Cartel do evento

A primeira das palestras do ciclo 'O galego ten saúde!' será o vindeiro mércores 6. Dúas psiquiatras, Iria Veiga e Lucía del Rio, xunto coa psicóloga Rosa Cerqueiro e a enfermeira Sara Martínez, debullarán o estado da saúde mental en Galicia.

O obxectivo deste ciclo de charlas é visualizar o bo estado do galego no exercicio das profesións sanitarias, a través das intervencións de especialistas da saúde mental, a atención primaria e da loita contra as drogo-dependencias. A inscrición pode formalizarse de balde nesta ligazón ata o 4 de outubro.

Todas as palestras terán lugar ás 20.00 horas no Salón de Actos do centro, e tamén poderán seguirse a través de Microsoft Teams. As persoas matriculadas recibirán un diploma de asistencia por cinco horas de duración, sempre que asistan con regularidade ás tres charlas-coloquio, para o cal haberá control de asistencia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.09.2021.