Evento organizado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Medicina e Odontoloxía

A derradeira das palestras do ciclo 'O galego ten saúde!' será o vindeiro 21 de outubro. Nela intervirán os profesores da USC Francisco Caamaño, en relación ao consumo de alcol na mocidade; e Angelines Cruz, sobre os novos usos no consumo de drogas. Pola súa banda, o psiquiatra Xosé André explicará recursos e terapias na atención á drogo-dependencia.
O obxectivo deste ciclo de charlas é visualizar o bo estado do galego no exercicio das profesións sanitarias, a través das intervencións de especialistas da saúde mental, a atención primaria e da loita contra as drogo-dependencias. A inscrición pode formalizarse de balde nesta ligazón ata o 4 de outubro.
Todas as palestras terán lugar ás 20.00 horas no Salón de Actos do centro, e tamén poderán seguirse a través de Microsoft Teams. As persoas matriculadas recibirán un diploma de asistencia por cinco horas de duración, sempre que asistan con regularidade ás tres charlas-coloquio, para o cal haberá control de asistencia.