Ir o contido principal

Palestra con Iago Carro sobre o proxecto cartográfico A Coruña Pública

20.02.2025 | 19.30h
Detalle do proxecto
Detalle do proxecto

A Coruña pública é o resultado inicial dun proxecto colectivo de investigación que ten como obxectivo realizar unha cartografía o máis precisa posible do patrimonio público no municipio da Coruña. O proxecto foi desenvolvido entre febreiro de 2024 e xaneiro de 2025 polo equipo formado por Iago Carro (Ergosfera), Ramón Fernández (Ergosfera / Hábitat Social), Cristina Botana (USC) e Brais Estévez (UOC).

A iniciativa presentaraa Iago Carro este xoves 20, ás 19:30 horas na Sala de Xuntas do Decanato da Facultade de Xeografía e Historia, no marco do Seminario de Futuros Urbanos de ANTE e do IDEGA, nunha palestra na que conversará coas persoas tamén autoras da iniciativa Brais Estévez Vilariño e Cristina Botana Iglesias.

Iago Carro
Iago Carro é arquitecto e mestrado en urbanismo pola Universidade da Coruña (UDC) e investigador membro de Ergosfera, unha cooperativa dedicada á investigación urbana e á práctica urbanística desde 2006. Brais Estévez é ademais doutor en Xeografía pola Universitat Autònoma de Barcelona e Cristina Botana é doutora en arquitectura e urbanismo pola UDC.
 

Cartel do evento
Cartel do evento
Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.02.2025.