Ir o contido principal

USCénica 2022. Festival de artes escénicas

'Pan, chocolate, pan'

25.06.2022 | 20.30h

Santiago de Compostela
Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño

USCénica 2022, o festival de artes escénicas que impulsa a USC, estenderase do 20 de xuño ao 9 de xullo cun amplo abano de actuacións musicais e teatrais, así como cun diverso programa formativo.

Cartel do USCénica 2022. Festival de artes escénicas
Cartel do USCénica 2022. Festival de artes escénicas

A programación de USCénica 2022 inclúe o obradoiro 'Pan, chocolate, pan', unha reflexión desde a práctica sobre os procesos de creación no eido da arte de acción. A súa presentación terá lugar o sábado 25 de xuño ás 20.30 horas na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño. 

As entradas para a actividade teñen un prezo de 3 euros e estarán dispoñibles no mesmo espazo dende hora e media antes do seu comezo.

Pan, chocolate, pan

Colles un pouco de chocolate… e dous anacos de pan…

e pos o doce no medio e fas un sándwich. E iso sería un pastel. (Andy Warhol)

María Roja (performer, artista visual e actriz), Míriam Rodríguez (artista multidisciplinar, creativa, directora artística, cantante e actriz) e Chucho González (músico e técnico) conducen este obradoiro que toma como base a experiencia das docentes en modos de traballo colaborativos, tanto no deseño como no desenvolvemento do seu labor artístico, para camiñar cara o exercicio da performance dende o interese por elaborar colectivamente unha receita para réximes disidentes.

Obradoiro 'Pan, chocolate, pan'
Obradoiro 'Pan, chocolate, pan'
Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.06.2022.