Ir o contido principal

Conferencia

'A pandemia da COVID-19: encarando a recta final', impartida por Juan Gestal

15.04.2021 | 19.00h

Videoconferencia en Microsoft Teams

Evento organizado pola Asociación de Antigos/as Alumnos/as e Amigos/as da USC (Alumni USC)

Cartel do evento
Cartel do evento

Juan Gestal, profesor emérito de Medicina Preventiva da Facultade de Medicina da USC, impartirá a charla 'A pandemia da COVID-19: encarando a recta final', á que seguirá un coloquio final.

O profesor fará un percorrido pola evolución da pandemia, destacando o que levamos aprendido. Tamén falará sobre as vacinas, o seu desenvolvemento e eficacia, e rematará a intervención abordando a cuestión de cando regresaremos á normalidade.

A conferencia terá lugar a través de Microsoft Teams e poderá verse nesta ligazón.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.04.2021.