Ir o contido principal

Seminario en liña

'Pandemias e Mobilidade na Historia e no Presente'

30.04.2021 | 09.00h-18.00h

Evento organizado pola Cátedra UNESCO 226 sobre Migracións (USC)

Cartel do evento
Cartel do evento

O seminario 'Pandemias e Mobilidade na Historia e no Presente' terá lugar o vindeiro 30 de abril na Facultade de Xeografía e Historia, e poderá seguirse en liña a través de Microsoft Teams.

O evento contará coas seguintes conferencias:

  • 'A concepción das plagas no mundo antigo', a cargo de Jose Carlos Bermejo Barrera (USC).
  • 'Fuxindo da morte. O rumor da peste e a itinerancia cortesá na Península', a cargo de Diana Peláez Flores (USC).
  • 'A peste en Galicia na Idade Moderna', a cargo de Hortensio Sobrado Correa (USC).
  • 'Cando a pandemia golpea de lonxe: galegos e cólera en Lisboa (1833 e 1855-1856)', a cargo de Domingo L. González Lopo (USC).
  • 'O soldado de Nápoles: a pandemia da gripe de 1918', a cargo de Francisco Durán Vila (USC).
  • 'Pandemia COVID-19 e mobilidade', a cargo de Juan Gestal Otero (USC).
Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.04.2021.