Ir o contido principal

Obradoiro participativo

'O papel da agricultura ecolóxica no futuro da UE'

25.10.2021 | 12.00h

Sala de xuntas

Organizado polo Centro de Estudos de Documentación Europeos

Facultade de Dereito. Foto: Andrés Fraga
Facultade de Dereito. Foto: Andrés Fraga

Como parte da Conferencia sobre o Futuro de Europa, o Centro de Estudos e Documentación Europeos da Universidade de Santiago de Compostela organiza un obradoiro participativo sobre o papel da agricultura ecolóxica no Futuro da UE, en que participarán o conselleiro principal da Dirección Xeral de Agricultura e Desenvolvemento Rural da Comisión Europea, Diego Canga, a catedrática da USC Rosa Mosquera e representantes de produtores agrícolas de toda Galicia para debatiren sobre os desafíos que presenta a agricultura ecolóxica e ofreceren ideas cara á conformación dun futuro mellor, social e ambientalmente, non só para a cidadanía da UE senón para todos as persoas habitantes do planeta.

 

O Pacto Verde Europeo encarna unha das prioridades da Comisión Europea para o período 2019-2024. O seu obxetivo é combater as alteracións climáticas e a degradación do ambiente na UE e no mundo. No marco deste Pacto, a Comisión presentou en maio de 2020 a Estratexia «Da Granxa á Mesa», cuxo fin é conducir o sistema alimentario actual da UE a un modelo sustentábel, e contribuír así a conseguir a neutralidade climática de aquí a 2050. En marzo de 2021, a Comisión puxo en marcha un Plano de Acción para o desenvolvemento da produción ecolóxica, deseñado para impulsar a produción e o consumo de produtos ecolóxicos, alcanzar un 25 % das terras agrícolas dedicadas á agricultura ecolóxica de aquí a 2030 e fomentar a acuicultura ecolóxica.

 

O acto terá lugar o luns 25 de outubro, na sala de xuntas da facultade de dereito da USC, ás 12 horas.  As prazas para a asistencia xa están esgotadas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.10.2021.