Ir o contido principal

'Papel da UE para transformar as nosas economías e sociedades'

14.09.2023 | 10.30h-12.30h

Santiago de Compostela
Salón de Graos

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC acolle este encontro coorganizado coa Comisión Europea e o CEDE

Cartel do encontro
Cartel do encontro

A Comisión Europea, a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e o Centro de Estudos e Documentación Europeos (CEDE) da USC organizan o 14 de setembro o encontro de divulgación e debate 'Papel da UE para transformar as nosas economías e sociedades'.  O acto, que xorde coa ocasión da reunión informal ministerial de Asuntos Económicos e Financeiros da UE (ECOFIN) que terá lugar en Santiago de Compostela nos días 15 e 16 de setembro no marco da Presidencia española do Consello da UE, desenvolverase no Salón de Graos da Facultade  a partir das 10.30 horas. 

O decano do centro, Xoán Ramón Doldán, será o encargado de abrir e moderar este encontro no que intervirán Francisco Fonseca, active senior da Comisión Europea e profesor de Dereito Internacional Público e Europeo na Universidad de Valladolid; Fernando Torija, director da Oficina en España do Banco Europeo de Investimentos; e María Canal, conselleira económica na Representación da Comisión Europea en España.

Entre outras cuestións, Francisco Fonseca abordará o funcionamento do mecanismo NextGenerationEU, a posibilidade de que pase a ser un instrumento permanente a partir de 2027, e o seu impacto no Plan español de recuperación, resiliencia e transformación. Pola súa vez, Fernando Torija presentará a actividade recente do BEI, incluíndo a pandemia e o impacto en España;  a actividade Global no exterior (EIB Global), na Ucraína e relativa á Global Gateway; e a actividade do BEI no futuro próximo (InvestEU, Plano de Recuperación e outros mandatos).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.09.2023.