Ir o contido principal

Conferencia

'O paradigma do afecto e as lecturas do capitalismo tardío'

08.06.2023 | 12.30h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Relatorio da académica e escritora Mabel Moraña ao abeiro do ciclo 'Cultura en Mazarelos'

Relatorio de Mabel Moraña na serie de conferencias 'Cultura en Mazarelos'
Relatorio de Mabel Moraña na serie de conferencias 'Cultura en Mazarelos'

A profesora Mabel Moraña, titular da Cátedra William H. Gass de Humanidades na Washington University in Saint Louis, impartirá este xoves 8 de xuño ás 12.30 horas na Facultade de Filosofía a conferencia titulada 'O paradigma do afecto e as lecturas do capitalismo tardío'. O relatorio, ao abeiro da serie 'Cultura en Mazarelos'  desenvolverase no Salón de Actos e a asistencia e libre ata completar a capacidade da sala.

Conferencia 'O paradigma do afecto e as lecturas do capitalismo tardío'

O chamado 'xiro afectivo' refírese á orientación crítico-teórica que resalta a importancia e instrumentalidade do afecto no coñecemento e interpretación do real, como complemento e/o alternativa á razón instrumental. A presentación elabora algunhas liñas da reflexión filosófica sobre a vida emocional, os sentimentos e as paixóns desde a antigüidade, as súas achegas modernas e a súa resignificación na posmodernidade. Así mesmo, danse algúns exemplos do rendemento teórico desta dirección crítica para a comprensión de cuestións actuais como o consumismo, a migración, o problema ecolóxico e a 'gran narrativa' da globalización, así como respecto á utilización do discurso afectivo en contextos autoritarios, populistas e, en xeral, na interpretación da especificidade do poder politico no presente.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.06.2023.