Sala de Xuntas
A intervención do Business Manager de CZVaccines, que se encadra no ciclo ‘Apaixonad@ pola Veterinaria’, desenvolverase de este mércoresna Sala de Xuntas da Facultade de Veterinaria

O Business Manager de CZVaccines, Pascual Rey, participará este mércores 16 de febeiro como relator no ciclo de divulgación científica ‘Apaixonad@s pola Veterinaria’, unha iniciativa promovida pola dirección do centro universitario lugués para ampliar a formación do seu alumnado, así como para favorecer a súa posterior inserción no mercado laboral a través das experiencias e testemuños doutros referentes da profesión.
Pascual Rey, quen tamén se formou como veterinario no Campus de Lugo, disertará na súa intervención sobre os distintos cometidos que pode desenvolver a figura do veterinario/a na prevención de pandemias como a COVID-19.
Este relator, na actualidade vencellado a unha empresa biotecnolóxica ligada ao grupo Zendal, que está implicada na elaboración e desenvolvemento dunha nova vacina contra a COVID-19, tamén explicará na súa charla como se traballa nunha empresa do campo da biotecnoloxía, ademais de precisar que funcións poden realizar os veterinarios no eido da produción de vacinas.
A charla de Pascual Rey desenvolverase de xeito presencial, pero as persoas interesadas tamén poderán seguir a súa intervención de xeito telemático a través da seguinte ligazón na plataforma MSTeams.