Ir o contido principal

Ciclo de concertos 'Metáforas do Silencio'

Segundo pase de 'Sonatas para piano', a cargo de Javier López Jorge

08.10.2020 | 20.30h

Paraninfo da Universidade

Música de cámara de Ludwig van Beethoven (1770-1827) no 250 aniversario do seu nacemento

Imaxe do cartel do evento
Imaxe do cartel do evento

'Sonatas para piano' inaugurou 'Metáforas do Silencio' da man de Javier López Jorge o pasado 29 de setembro. Dada a gran demanda de reservas, terá lugar un novo pase do mesmo concerto o 8 de outubro.

Este ciclo de concertos de música de cámara de Ludwig van Beethoven pretende homenaxear ao compositor, director de orquestra e pianista alemán no 250 aniversario do seu nacemento.

A entrada é de balde, mais segundo os protocolos COVID-19, as persoas interesadas en asistir deberán reservar praza mandando un correo electrónico a area.cultura [at] usc.es (area[dot]cultura[at]usc[dot]es), indicando o seu nome, apelidos e teléfono, dende unha semana antes do concerto ata a mañá do concerto ás 12.00.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.10.2020.