Ir o contido principal

Patentes e Innovación

25.02.2021 | 12.00h-14.00h

Dirixido a todos os alumnos da ETSE

Imparte: Juan M. Garrido Fernández, Prof. do Departamento de Enxeñería Química

Criterios de selección: orden de inscrición 

Nº máximo de alumnos: 30

Descrición/Obxectivos

España é un dos países desenvoltos da UE que menos patenta, comprometendo isto a viabilidade e competitividade do noso tecido industrial nacional. Co gallo de reducir esta desviación é moi importante que os novos profesionais, de carreiras Técnicas e Científicas, reciban unha formación axeitada das diversas figuras existentes de propiedade industrial, entre os que se encontra a Patente.

O obxectivo do Seminario é que os alumnos de Enxeñería se familiaricen co alcance do que é unha patente e coñezan, chegado o caso, cal é o procedemento que se debería seguir para patentar unha invención da súa creación, familiarizando aos mesmos coas bases de datos sobre patentes e a información que se podería extraer das mesmas.

Contidos

  • A propiedade industrial e a propiedade intelectual.

  • Qué é unha patente e qué se pode patentar.

  • Exemplos e estrutura das patentes

  • Cómo se patentaría un invento

  • Bases de datos de Patentes.

  • O taller consta de 2 horas presenciais e 2 non presenciais

Avaliación (so para os alumnos de GREQ)

Avaliarase a asistencia e a cumprimentación axeitada das tarefas a realizar durante a duración do taller (tanto na aula como fóra da mesma)

Inscrición

Enviar correo electrónico a aula.profesional [at] usc.es (aula[dot]profesional[at]usc[dot]es) cos seguintes datos: Nome, Titulación, Curso, (ata o martes 23 de febreiro de 2021 ás 14 horas). Confirmarase a admisión por correo electrónico.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.04.2021.