Ir o contido principal

Acto institucional

Patroa da Facultade de Óptica e Optometría

15.12.2021 | 12.00h

Santiago de Compostela
Aula Magna Prof. Dr. Carlos Gómez-Reino

O acto institucional contará coa participación de asociacións e entidades como Arela, Espazo veciñal do Sar, Agadea, Residencia Vola do Castro, CEIP de Palmeira, Asocición Down, Fundación Pictoaplicaciones, Bata e Aspanaes.

Recoñecemento na Facultade de Óptica e Optometría
Recoñecemento na Facultade de Óptica e Optometría

A Facultade de Óptica e Optometría conmemora este mércores, 15 de decembro, a festividade da súa patroa, Santa Otilia, nun acto académico que será presidido polo reitor da USC, Antonio López.

O evento contará coas intervencións de Ígor Mella Núñez, membro do Grupo de Investigación ESCULCA; de Eduardo Eiroa Mene, presidente da delegación de Galicia do CNOO; e de  Mª Jesús Giráldez Fernández, decana da facultade. 

A xornada gardará tamén lugar para a intervención das entidades e asociacións colaboradoras nos proxectos Aprendizaxe e Servizo da facultade, concretamente de Arela, Espazo veciñal do Sar, Agadea, Residencia Vola do Castro, CEIP de Palmeira, Asocición Down, Fundación Pictoaplicaciones, Bata e Aspanaes.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.12.2021.