Un volume de Miguel Pazos Otón editado por Tirant lo Blanch

O vindeiro mércores 23 de novembro, a Aula 2 da Facultade de Xeografía e Historia acollerá a presentación do volume Perpetuum Mobile. Movilidad en tiempos pandémicos, un libro de Miguel Pazos Otón que edita Tirant lo Blach. O acto de presentación comezará ás 12.00 horas e contará coa presenza de Rubén C. Lois González, catedrático de Xeografía da USC; Josefina Cruz Villalón, catedrática de Xeografía da Universidade de Sevilla; Federico López Silvestre, profesor titular de Historia da Arte da USC; Valerià Paül Carril, profesor titular de Xeografía da USC; e Miguel Pazos Otón, profesor titular de Xeografía da USC.
Perpetuum Mobile. Movilidad en tiempos pandémicos
A mobilidade constitúe un campo de estudos cada vez máis complexo e interdisciplinar. Máis aló das aproximacións técnicas resulta necesario achegarse a este concepto cunha mirada social e cultural. Vivimos en perpetuo movemento. Apoiados nas novas tecnoloxías, ubicuas e accesibles, dependemos cada vez máis de desprazamentos sen fin. En tempos pandémicos da COVID-19, a limitación da mobilidade foi unha das principais ferramentas empregadas na loita contra o virus. Nesta pandemia do século XXI, como se modificou a nosa mobilidade nos momentos máis severos? Cal foi o papel do variable territorio nestes episodios inéditos? Como respondeu a sociedade #ante este desafío? Somos os mesmos seres móbiles que antes ou cambiamos, e de que maneira fixémolo? Neste libro analízanse os principais trazos sociais e culturais da mobilidade actual. Reflexiónase tamén sobre as novas e vellas mobilidades en tempos pandémicos e a súa interacción coa tecnoloxía. Finalmente, propóñense unha serie de estratexias para lograr unha mobilidade máis sostible, eficiente e xusta nun escenario de alarma climática.