Ir o contido principal

'E iso da perspectiva de xénero? Ten algo que ver coa transferencia… co emprendemento baseado no coñecemento?: Innovatia 8.3'

Eva López Barrio abre o ciclo de conferencias do CiMUS sobre Igualdade de Xénero e Inclusión

Conferencia de Eva López Barrio no CiMUS
Conferencia de Eva López Barrio no CiMUS

O Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da USC inicia o Ciclo de Conferencias sobre Igualdade de Xénero e Inclusión o martes 19 de setembro ás 13.00 horas coa intervención de Eva López Barrio, técnica de transferencia da USC. 

Na conferencia 'E iso da perspectiva de xénero? Ten algo que ver coa transferencia… co emprendemento baseado no coñecemento?: Innovatia 8.3', López Barrio afondará no Programa Innovatia 8.3 como a proba de que a transferencia de coñecemento con perspectiva de xénero ofrece modelos alternativos ao emprendemento tecnolóxico, máis centrados nas persoas e no impacto que as empresas de base científica teñen nos seus contornos. A relatora tratará da transferencia con perspectiva de xénero como cuestión de esencial interese para a comunidade universitaria.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.09.2023.