Ir o contido principal

Ciclo de conferencias 'Universo peregrino: ciencia galega cara o mundo'

'Pescudando nas orixes da materia, o bosón de Higgs no CERN', impartida por Cibrán Santamarina

07.05.2020 | 16.00h

Videoconferencia en Microsoft Teams

Esta videoconferencia pode verse en directo a través dunha ligazón aberta ao público e habilitada para ser compartida da plataforma Microsoft Teams, e tamén estará dispoñible na canle de YouTube do IGFAE.

Cartaz da videoconferencia. Foto: IGFAE
Cartaz da videoconferencia. Foto: IGFAE

'Pescudando nas  orixes da materia, o bosón de Higgs no CERN', do físico Cibrán Santamarina, e a primeira das conferencias que conforman o ciclo 'Universo peregrino: ciencia galega cara o mundo'. O encontro virtual con Santamarina comezará o 7 de maio ás 16.00 horas de España, facilitando a participación de persoas en Latinoamérica, onde se iniciará as 11.00 horas de Arxentina. Podes seguilo en directo facendo click aquí, ou acceder a través da canle de YouTube do IGFAE.

'Universo peregrino: ciencia galega cara o mundo', unha iniciativa do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da USC, ten por obxectivo construir pontes desde a cidade Xacobea cara o resto do mundo, nun momento de illamento no que os peregrinos non poden vir a Santiago.

Nesta serie de charlas en galego e online, o persoal investigador do IGFAE fará un percorrido por varios temas, desde a orixe do universo ata a astronomía de ondas  gravitacionais, cun dobre obxectivo: achegar a ciencia que se fai neste centro a todo o público e, ao mesmo tempo, promover a rede entre Galicia e os galegos de distintos países. Este ciclo terá lugar todos os xoves de maio e xuño.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.05.2020.