Ir o contido principal

‘Plantacións forestais en África do Leste’, a cargo do consultor Cori Ham

15/12/2023 - 9.00 horas

A sesión divulgativa, promovida polo investigador ‘Ramón y Cajal’ no Campus Terra da USC César Pérez Cruzado, desenvólvese o venres 15, a partir das 9.00 horas na Sala de Xuntas da EPS de Enxeñaría

Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Escola Politécnica Superior de Enxeñaría

O consultor internacional de Margules Groome e ex profesor da Universidade de Stellenbosch, en Suráfrica, Cori Ham, ofrece este venres 15 de decembro, a partir das 9.00 horas, na Sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC, o relatorio ‘Plantacións forestais en África do Leste’.

A participación de Cori Ham nesta sesión con alumnado da sede universitaria luguesa responde ao interese amosado por Margules Groome, así como por outras consultoras internacionais, por captar profesionais e investigadores interesados en traballar en proxectos relacionados cos mercados de carbono e sistemas de monitorización forestal a gran escala.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.12.2023.