Esta videoconferencia pode verse en directo a través dunha ligazón aberta ao público e habilitada para ser compartida da plataforma Microsoft Teams, e tamén estará dispoñible na canle de YouTube do IGFAE

Os quarks e os gluóns son partículas imprescindibles para explicar a orixe do universo, por iso hoxe en dia é un tema en auxe na física. O investigador predoutoral do IGFAE, Pedro Agostini, fará unha introducción histórica á orixe da teoría de quarks e gluóns, os bloques fundamentais da forza forte, e amosará a importancia que teñen actualmente na física de partículas. Podes seguilo en directo o xoves 4 de xuño a partir das 16.00 horas facendo click aquí, ou acceder despois a través da canle de YouTube do IGFAE.
'Universo peregrino: ciencia galega cara o mundo', unha iniciativa do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da USC, ten por obxectivo construir pontes desde a cidade Xacobea cara o resto do mundo, nun momento de illamento no que os peregrinos non poden vir a Santiago.