Ir o contido principal

Ciclo formativo de internacionalización

'Plataforma Tecnolóxica Food For Life-Spain e as oportunidades de innovación nunha contorna global'

19.01.2022 | 10.00h

En liña

Con Eduardo Cotillas, organizado por BioIncubaTech

Curso de formación en internacionalización BioIncubaTech
Curso de formación en internacionalización BioIncubaTech

A Incubadora de Alta Tecnoloxía para o Fomento da Innovación e a Transferencia de Biotecnoloxía no ámbito da saúde e das tecnoloxías alimentarias- BioIncubaTech organiza o mércores 19 de xaneiro unha nova sesión dos Bioalmorzos informativos de internacionalización, un ciclo de encontros con relatoras/es de referencia en ámbitos do sector bio, a saúde e as tecnoloxías alimentarias. 

Baixo o título 'Plataforma Tecnolóxica Food For Life-Spain e as oportunidades de innovación nunha contorna global' esta sesión en liña contará coa presenza de Eduardo Cotillas, Director de I+D+i de FIAB e Secretario Xeral da Plataforma ‘Food for Life- Spain’

Dirixido a empresas e persoas interesadas en internacionalización e acceso a novos mercados nestes ámbitos, o encontro arrancará as 10.00 horas co obxectivo de intercambiar experiencias e coñecementos e xerar un debate que poida dar lugar a novos proxectos.  A asistencia é libre previo rexistro no formulario inferior.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.01.2022.