Ir o contido principal

Sesión ordinaria

Pleno do Consello Social

17.03.2022 | 09.15h

Sede do Consello Social en Compostela (Casa da Concha, rúa da Conga, número 1) e na Sala Multiusos do Edificio de Servizos Administrativos/Biblioteca Intercentros no Campus Universitario s/n (Lugo)

A sesión desenvolverase a partir das 9.15 horas en primeira convocatoria, ou das 9.30, en segunda convocatoria

O Consello Social, presidido por Cecilia Sierra, é o órgano de participación da sociedade galega na Universidade
O Consello Social, presidido por Cecilia Sierra, é o órgano de participación da sociedade galega na Universidade

O informe sobre a modificación da Relación de Postos de Traballo do PAS, a probación da actualización das tarifas da Área de Infraestruturas de Investigación e dos criterios de bonificación sobre as tarifas do Servizo de Medicina
Oral, Cirurxía Oral e Implantoloxía; ou o informe sobre a supresión do Instituto de Matemáticas da USC serán algunhas das cuestións abordadas este xoves no pleno do Consello Social da USC. O órgano colexiado tamén tratará modificacións orzamentarias, transferencias de resultados e información sobre convenios, entre outros asuntos.

A sesión desenvolverase a partir das 9.15 horas en primeira convocatoria, ou das 9.30, en segunda convocatoria, na sede do Consello Social en Compostela (Casa da Concha, rúa da Conga, número 1) e na Sala Multiusos do Edificio de Servizos Administrativos/Biblioteca Intercentros no Campus Universitario s/n (Lugo).

O Consello Social, presidido por Cecilia Sierra, é o órgano de participación da sociedade galega na Universidade que ten como finalidade impulsar a colaboración entre ambas para mellorar a calidade do servizo público da educación superior universitaria, contribuindo ao desenvolvemento social, económico, tecnolóxico, científico e cultural de Galicia e á mellora da calidade do servizo público da educación superior universitaria.

Asemade, correspóndelle ao Consello Social a supervisión das actividades de carácter económico da Universidade, do rendemento dos seus servizos así como promover a colaboración da sociedade no financiamento da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.03.2022.