Ir o contido principal

Pleno do Consello Social

11.05.2023 | 09.30h-11.30h

A sesión desenvolverase a partir das 9.30 horas en primeira convocatoria, ou das 9.45 horas, en segunda convocatoria

FOTO: Santi Alvite
FOTO: Santi Alvite

O Consello Social, presidido por Cecilia Sierra, é o órgano de participación da sociedade galega na Universidade que ten como finalidade impulsar a colaboración entre ambas para mellorar a calidade do servizo público da educación superior universitaria, contribuíndo ao desenvolvemento social, económico, tecnolóxico, científico e cultural de Galicia e á mellora da calidade do servizo público da educación superior universitaria.

Asemade, correspóndelle ao Consello Social a supervisión das actividades de carácter económico da Universidade, do rendemento dos seus servizos así como promover a colaboración da sociedade no financiamento da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.05.2023.