04.12.2023 | 10.00h-11.30h
Sede do Consello Social en Compostela (Casa da Concha, rúa da Conga, número 1)
A sesión desenvolverase a partir das 10.00 horas en primeira convocatoria

O Consello Social é o órgano de participación da sociedade galega na Universidade que ten como finalidade impulsar a colaboración entre ambas para mellorar a calidade do servizo público da educación superior universitaria, contribuindo ao desenvolvemento social, económico, tecnolóxico, científico e cultural de Galicia e á mellora da calidade do servizo público da educación superior universitaria.
Asemade, correspóndelle ao Consello Social a supervisión das actividades de carácter económico da Universidade, do rendemento dos seus servizos así como promover a colaboración da sociedade no financiamento da USC.