26.01.2022 | 12.00h
Santiago de Compostela
Organizado polo grupo Análise Territorial da USC

O Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia acollerá o mércores 26 de xaneiro a presentación do volume 'Poboación e Territorios Rurais', unha publicación en homenaxe aos profesores Julio Hernández Borge e José Manuel López Andión.
O reitor da USC, Antonio López, presidirá este acto que contará coas intervencións de Rubén Lois, coordinador do Grupo de Investigación ANTE-Análise Territorial; Marco Virgilio García Quintela, decano da Facultade de Xeografía e Historia, ademais dos dous profesores homenaxeados.
O evento, aberto á toda a comunidade universitaria, é de acceso libre.