Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño
USCénica 2022, o festival de artes escénicas que impulsa a USC, estenderase do 20 de xuño ao 9 de xullo cun amplo abano de actuacións musicais e teatrais, así como cun diverso programa formativo.

AveLina Pérez, creadora escénica participa no USCénica coa obra A que non podes dicir cocacola? (II), unha peza que dá dialog coa peza homónima que estreou en 2011 arredor da capacidade de adaptación á violencia imperante. A confrontación coa violencia sitúase nesta ocasión na limpeza, na desinfección e na asepsia. A representación terá lugar o xoves 23 de xuño ás 21.00 horas na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño.
As entradas teñen un prezo de tres euros e estarán dispoñibles no mesmo espazo dende hora e media antes da función.
A que non podes dicir cocacola? (II)
A QUE NON PODES DICIR COCACOLA? (II) é unha loita inútil e precisa.
Un desexo de escribir grandes parágrafos nas paredes acabadas de pintar.
Unha repetición de incertezas batendo nos puntos finais.
Un querer e un poder.
Un frasco de perfume que non recende.
Un atentado contra a asepsia.
