21.05.2021 | 20.00h
Evento organizado pola Área de Cultura da USC

'Poesía feminina' é un recital dedicado á poesía escrita por mulleres. O evento contará coa participación de Juan Durán, a cargo da música; Nuria Lorenzo, voz; e Alejo Amoedo, piano.
En aplicación do protocolo COVID-19 no relativo á capacidade da sala, as persoas interesadas en asistir a este recital deberán reservar praza (máx 2/persoa) enviando un correo electrónico a area.cultura @usc.gal, indicado nome/s, apelido/s e teléfono/s desde unha semana antes do evento e ata o propio día ás 12.00 horas.