Con Alejandro Pérez Olivares García

O venres 11 de febreiro ás 12 da mañá na Facultade de Historia, o profesor da Universidad de La Laguna, Alejandro Pérez-Olivares, ofrecerá unha charla sobre a figura do comisario franquista Eduardo Comín Colomer.
O acto enmárcase nas actividades realizadas polo Grupo HISTAGRA para o curso 2021-2022.
Eduardo Comín Colomer (Zaragoza, 1908-Madrid, 1975), foi un policía, escritor e xornalista profranquista que publicou diversos traballos sobre a masonería e o comunismo. É considerado un «propagandista» de teses anticomunistas e antimasónicas e a súa obra é catalogada dentro do xénero das teorías de conspiración. A súa pertenza ao Cuerpo General de Policía deulle acceso a numerosos informes, documentos e arquivos.
Pódese asistir de forma presencial ou en liña a través da canle TEAMS do grupo Histagra.