Ir o contido principal

Ciclo 'Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia'

Unha ponte entre esfera científica e humanística con José Ignacio Latorre

17.12.2020 | 18.00h

Videoconferencia en YouTube

O encontro, moderado polo investigador Javier Mas, poderá seguirse en directo a través da canle de YouTube do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE)

Cartel do evento
Cartel do evento

O recoñecido físico español no campo da física cuántica, José Ignacio Latorre, participará este xoves nun dos diálogos virtuais do ciclo sobre arte e ciencia organizado polo IGFAE, que poderá seguirse en directo a través da súa canle de YouTube.

Libros, documentais ou exposicións como a recente e exitosa 'Cuántica do CCCB' en Barcelona reflicten o interese de Latorre en tecer pontes entre a esfera científica e a humanística. Nesta ocasión, xunto co investigador Javier Mas, abordará a cuestión da ciencia, a arte e a ética das tecnoloxías cuánticas na sociedade do futuro.

'Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia' é un ciclo en liña iniciativa do IGFAE da USC e a Xunta de Galicia, que ten o obxectivo de explorar o binomio arte-ciencia con personalidades do eido cultural e artístico, para o que traerá nos próximos meses a figuras coas que se explorarán as interseccións entre a física, a ciencia e a cultura, así como outras reflexións cun enfoque interdisciplinar. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.12.2020.