Evento organizado pola Academia Galega da Lingua Portuguesa,e o Comité Temático para a Promoción e Difusión da Lingua Portuguesa dos Observadores Consultivos da CPLP, co patrocinio da Xunta e a colaboración da USC

A conferencia 'Portugués, Multilingüismo e Educación a Distancia' terá lugar o 4 de outubro no edificio CIEDUS (Parque de Vista Alegre), aínda que tamén será transmitido en vivo pola canle USCTV.
A conferencia dividirase en catro sesións: 'Formación en portugués e ensino a distancia', 'Diversidade interna, alteridade e multilinguismo', 'O papel da lingua portuguesa no mundo' e a clausura do acto.
Trátase da segunda conferencia no ámbito da CPLP que se realizará nesta cidade, logo da que tivo lugar na mesma cidade en outubro de 2019, baixo o título 'Mocidade, diáspora e mobilidade académica'.