Ir o contido principal

Conferencia WebEx sobre COVID-19

'A posición da OIT ante os novos retos sociais e laborais tras a pandemia'

13.05.2020 | 16.00h

Videoconferencia en WebEx

Esta videoconferencia poderá seguirse a través dunha ligazón aberta ao público e habilitada para ser compartida na plataforma WebEx

Imaxe representativa dun virus. Foto: Pixabay
Imaxe representativa dun virus. Foto: Pixabay

Baixo o título 'A posición da OIT ante os novos retos sociais e laborais tras a pandemia' recóllense as intervencións de catro expertos, que se centrarán en este tema durante as súas intervencións. Podes acceder á videoconferencia o mércores 13 de maio, a partir das 16.00 horas, facendo click aquí.

María Luz Vega Ruiz, conselleira principal do Departamento de Investigación da OIT (Suiza), impartirá a charla titulada 'Os cambios no Dereito do Traballo tras o  COVID-19 ante o nuevo Centenario'.

Manuela Tomei, directora do Departamento de 'Condicións de Traballo e Igualdade' da OIT (Suiza), estará a cargo da ponencia 'Teletraballo: ¿a nova normalidade? Oportunidades e desafíos durante e despois do COVID-19'.

Fabio Bertranou, director da OIT para o Cono Sur de América Latina (Chile), falará sobre 'As perspectivas do emprego e a protección social nun contexto de alta informalidade'.

Horacio Guido, xefe do Servizo de Aplicación de Normas Internacionais OIT (Suiza), exporá a presentación titulada 'As normas internacionais do traballo e o COVID-19: desafíos e oportunidades'.

A Organización Internacional do Traballo (OIT), o grupo CIELO Laboral e a USC organizan este encontro virtual, que contará con Lourdes Mella Méndez, catedrática de Dereito do Traballo da USC, e María Luz Rodríguez Fernández, profesora de Dereito do Traballo da USC, como coordinadoras.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.05.2020.