Ir o contido principal

Seminario

'Preclinical animal models to study emerging viral infections'

03.12.2021 | 13.00h

En liña

Organizada polo CiMUS

Conferencia 'Preclinical animal models to study emerging viral infections'
Conferencia 'Preclinical animal models to study emerging viral infections'

O Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) organiza a conferencia 'Preclinical animal models to study emerging viral infections' (Modelos animais preclínicos para estudar infeccións virais emerxentes), que impartirá a investigadora Estefanía Rodríguez, do Bernhard Nocht Institute for Tropical Medicine (Hamburgo, Alemaña). 

 

Para deseñar novas intervencións terapéuticas contra infeccións virais recentemente emerxentes ou reemerxentes é importante establecer modelos preclínicos de pequenos animais que se poidan utilizar para comprender a patoxénese e a resposta inmune a estas infeccións. Cando se traballa con virus específicos humanos, os ratos humanizados son modelos de rato útiles para estudar a patoxénese viral e a resposta inmune nun contexto humano. Este modelo pódese xerar mediante o transplante de células inmunes humanas ou de tecido humano. Nesta conferencia, mostraremos a aplicabilidade destes modelos para estudar a patoxénese de virus humanos de altas consecuencias como o virus do Ébola, o SARS-CoV-2 e o virus da febre amarela.

 

A conferencia poderá seguirse en liña a través de ZOOM. A ligazón para a inscrición figura baixo estas liñas. 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.11.2021.