Chegan á súa edición número dezasete

Coa finalidade de promover o uso da lingua galega ligada á calidade formal na elaboración e defensa dos traballos académicos do alumnado, a USC, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, convocou os XVII Premios á calidade lingüística en galego. A entrega de galardóns desenvolverase este xoves 17 de marzo, ás 13.00 horas, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.
A sesión estará presidida polo reitor Antonio López e contará coa presenza de Gumersindo Feijoo Costa, vicerreitor de Planificación, Novas Tecnoloxías e Sustentabilidade; Manuel Núñez Singala, director do Servizo de Normalización Lingüística; e Valentín
García Gómez, secretario Xeral de Política Lingüística.
O xurado valorou a corrección lingüística, o emprego acaído da linguaxe de especialidade, a calidade na redacción, a presentación da información e a estruturación do traballo.