Ir o contido principal

Presentación do Atlas Nacional de España

05.02.2025 | 16.00h
A xornada será na Sala de Profesorado da Facultade de Xeografía e Historia
A xornada será na Sala de Profesorado da Facultade de Xeografía e Historia

A Facultade de Xeografía e Historia acolle esta semana a presentación do Atlas Nacional de España, un acto organizado polo Departamento de Xeografía da USC xunto co Instituto Xeográfico Nacional (IGN).

A presentación contempla tres charlas temáticas na Facultade este mércores 5 ás 16.00 horas sobre demografía, sociedade e asentamentos humanos a cargo dos catedráticos Ángel Pueyo (Universidade de Zaragoza), Oriol Nel.lo (Universidade Autónoma de Barcelona) e María José Piñeira, da Universidade de Santiago, respectivamente, e o xoves 6 haberá un obradoiro  sobre cartografía con técnicos do IGN.

O acto deste mércores contará ademais coa presenza do presidente da Asociación Española de Xeografía, Jesús M. González Pérez, e da coordinadora científica da Rede ANEXXI, María Hernández Hernánez.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.02.2025.