Salón de actos Ana Goy Diz
O decano Gonzalo Fernández Suárez presidirá este mércores 10 de maio, ás 17.00 horas, no salón de actos Ana Goy Diz, a presentación da primeira publicación da serie Negra

O decano da Facultade de Humanidades do Campus de Lugo da USC, Gonzalo Francisco Fernández Suárez, preside este mércores, a partir das 17.00 horas, no salón de actos Ana Goy Diz do centro universitario lugués, a presentación do catálogo da obra de Xoán Piñeiro, unha publicación editada pola Fundación Xoán Piñeiro e que serve de apertura da serie Negra.
A profesora do Departamento de Historia da Arte da USC Miriam Elena Cortés López, e a tamén docente da Universidade de Oviedo, Clara Fernández Martínez, también intervirán nesta sesión de presentación, un acto no que, entres outros asistentes, tamén estarán presentes as fillas de Xoán Piñeiro e vogais da fundación que leva o seu nome, Cuqui Piñeiro Álvarez e Belén Piñeiro Álvarez.