Ir o contido principal

Presentación da Cátedra Institucional Carvalho Calero

23.09.2025 | 12.30h
O acto desenvolverase no Paraninfo. FOTO: Santi Alvite
O acto desenvolverase no Paraninfo. FOTO: Santi Alvite

O Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia da USC acolle este 23 de setembro, a partir das 12.30 horas, o acto de presentación da Cátedra Institucional Carvalho Calero, froito dun convenio co Parlamento de Galicia e a Consellaría de Cultura, Lingua e Xuventude. A sesión estará presidida polo reitor Antonio López Díaz. 

Esta Cátedra céntrase na figura, o pensamento e a obra deste representante sobranceiro da cultura galeguista contemporánea e primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega da USC. Entre os seus cometidos están a promoción e o estudo da literatura galega contemporánea, en continuidade das directrices do seu patrocinador intelectual, potenciando así o interese pola lectura e a escritura en galego, apoiando a nova creación, e estando atenta á análise das ideas sobre a Literatura e Cultura actuais, co desenvolvemento de modelos de innovación en educación, investigación e divulgación científica e cultural. O profesor Carlos Quiroga é o seu director.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.09.2025.