Ir o contido principal

Presentación da Cátedra institucional en Saúde Ambiental

14.06.2024 | 10.00h

Salón Nobre do Colexio de Fonseca
Santiago de Compostela

A Cátedra centrará a súa actividade no efecto de contaminantes exteriores e interiores

O acto será no Salón Nobre de Fonseca. Foto: Santi Alvite
O acto será no Salón Nobre de Fonseca. Foto: Santi Alvite

Mellorar e promover a saúde da cidadanía é o propósito co que nace a Cátedra institucional en Saúde Ambiental, promovida pola USC e o Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago (Idis) e co financiamento da Consellaría de Sanidade.

A nova cátedra preséntase este venres 14 ás 10.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca nun acto institucional no que participarán diversas autoridades académicas como o director da cátedra, Alberto Ruano, ou o vicerreitor de Tranformación Dixital e Innovación, Gumersindo Feijoo, e do Goberno galego como o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán.

Asisten ademais a directora científica do Idis, Luz Couce; o decano da Facultade de Medicina, Julián Álvarez, e a  directora científica do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Ambientais CRETUS, María Teresa Moreira.

No acto está prevista tamén a conferencia ‘Medicina, saúde ambiental e saúde pública’ a cargo de Miquel Porta Serra Tema, médico epidemiólogo e catedrático de Medicina preventiva e saúde pública da Universidade Autónoma de Barcelona.

A Cátedra en Saúde Ambiental centrará a súa actividade no efecto de contaminantes exteriores e interiores, como o radon ou o fume ambiental de tabaco.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.06.2024.