Ir o contido principal

Acto institucional

Presentacion do Consorcio do proxecto YUCUNET

25.02.2021 | 15.00h

En liña

O consorcio está integrado por doce institucións de Portugal, México e Cuba

Colexio de Fonseca. Foto: Santi Alvite
Colexio de Fonseca. Foto: Santi Alvite

O proxecto YUCUNET, coordinado dende a USC por Federico López Silvestre, Miguel Anxo Rodríguez González e Ana Mª Ramos Caruncho, ten como obxectivo a creación dunha rede educativa de Arte Contemporánea da rexión Yucatán-Cuba, así como sentar as bases para a creación dunha doble titulación de posgrao en Xestión da Arte e as Culturas Contemporáneas, que se impartirá en México e Cuba.

O acto de presentación, que contará coa participación de Antonio López, reitor da USC, está pensado para dar a coñecer ás partes implicadas, así como para compartir un breve resumo do proxecto.

O proxecto YUCUNET foi seleccionado en agosto de 2020 pola EACEA como un dos proxectos 'Capacity Building in Higher Education' do H2020 da UE, unha serie de iniciativas de cooperación transnacional co obxectivo de desenvolver, transferir e implementas prácticas innovadoras na investigación, na modernización institucional e na ensinanza en xeral.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.02.2021.