Ir o contido principal

Presentación da consulta cidadá sobre o Índice de Saúde do Océano en Galicia

28.11.2022 | 11.00h-11.30h

Santiago de Compostela
Salón Reitoral

O grupo EqualSea Lab apela á participación da sociedade galega para responder como son os seus vínculos co mar

Colexio de San Xerome. Foto: Santi Alvite
Colexio de San Xerome. Foto: Santi Alvite

Que é para ti un océano san? A partir desta pregunta, o grupo EqualSea Lab da Universidade de Santiago de Compostela, dirixido polo profesor Sebastián Villasante do departamento de Economía Aplicada, quere coñecer a percepción que a sociedade ten respecto da saúde das costas galegas. E con este obxectivo lanza a consulta cidadá sobre o índice de saúde do océano en Galicia, unha iniciativa pioneira en Europa. A enquisa, xa dispoñible na páxina web do grupo EqualSea Lab, estará dispoñible aberta á cidadanía durante os vindeiros meses.

A inciativa preséntase o luns 28 de novembro no salón reitoral do Colexio de San Xerome, nun acto que contará coas intervencións do vicerreitor de Política Científica da Universidade de Santiago de Compostela, Vicente Pérez Muñuzuri, e o profesor Sebastián Villasante, director do EqualSea Lab, grupo de investigación que impulsa esta acción.

A enquisa pública que agora se lanza axudará ao equipo da USC nunha investigación que desenvolven no marco do proxecto internacional AtlantECO. Nesta iniciativa, o EqualSea Lab ten por obxectivo determinar cal é o Índice da Saúde dos Océanos (Ocean Health Index) no litoral de Galicia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.11.2022.