Ir o contido principal

Presentación do convenio para o estudo do neofalantismo

31.07.2024 | 11.00h-11.30h

Santiago de Compostela
Salón de Graos

O reitor da USC, Antonio López, e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, presentan un convenio que dará continuidade entre 2024 e 2026 ao programa de actuacións sobre o neofalantismo a través do grupo de Novos Medios da Facultade de Ciencias da Comunicación

Colexio de San Xerome. FOTO: Santi Alvite
Colexio de San Xerome. FOTO: Santi Alvite

O convenio permitirá darlle continuidade á web social centrada nos neofalantes para facer do idioma un vehículo de uso económico co mundo lusófono e abrir novos campos para a investigación, o ámbito multimedia e a didáctica sobre o neofalantismo. Interesan as traxectorias vitais, as expectativas e as demandas individuais e sociais das persoas neofalantes, pero tamén captar novas persoas que comezaron a falar en galego acotío.

O fomento desta canle xustifícase pola importancia actual da comunicación e das redes sociais á hora de interactuar na sociedade, pois facilitan o contacto entre neofalantes de todo o mundo e axudan a fomentar o uso da lingua galega e a xerar negocio arredor desta.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.07.2024.